principal
PRAIAS   ENLACES   CÁMARAS   DESCARGA   IMAXE do DÍA   COÑECE   MULTIMEDIA

Publicación sen ánimo de lucro, con licencia de ningunha clase e modestiña en canto a contidos pero coa intención de informar de maneira actualizada sobre o estado da mar na túa comunidade, adicando especial atención a nosa terra e a súa costa. A información que aquí se recolle procede en moitos casos de páxinas relacionadas, coa única finalidade de axudar a todo aquel que síntase interesado/a nos seus contidos.

Podes botar unha ollada ó salón de meteos para ter unha previsión do que atoparás cando salgas a surfear.

 

Paraxes de ensoño, dúcias de praias, sobre que visitar na cidade e arredores.

 

Pequeno obradoiro de traballos por chamarlle dalgunha maneira.

 

Multimedia para pasar o tempo mentres dura o confinamento.

 

Imaxes do día (últimos arquivos)

Este site non dispón de ningún tipo de ingresos, sede social, publicidade, subvencións ou demáis; pongamos que é para todos. Aquel/a que desexe publicar súas fotografías, opinións, proxectos...aquí ten un espazo para iso. Nin que decir ten que o protagonista é o mar e o seu entorno, cunha perspectiva digamos dende o pico. Se gústache practicar calquer deporte ó aire libre, envía as túas fotos para que poidas presumir das tuas sesións estilo-libre..
Se tes interese polo deseño gráfico, maquetación, artes gráficas ou calquer tema relacionado co mundo creativo, podes visualizar algún dos traballos da casa e comentarme despóis que cousas mellorarías. Para máis información faille un clic aquí (webe en castelán con elementos Adobe Flash, non visualizables en dispositivos Android).
 
 
2 de turismo 4 1

Como non todo vai ser andar surfeando, aquí tes unha serie de alternativas sobre que facer na época que decidas visitarnos. Locais de ocio e gastronomía, lugares interesantes a coñecer, axenda de actividades, museos e exposicions, programación cultural, cursos e talleres de formativos, instalacións deportivas, puntos de interese e algunha cosiña mais.

Ó tratarse dunha cidade militar e industrial, maioritariamente naval, gran parte da economía de Ferrol está pouco diversificada e depende en grande medida da cantidade de pedidos cos que conten seus asteleiros. Ísto reflexase en cada rincón dos nosos barrios, onde a vida xira con ánimo paralelo ás suas contratas.

A opinión dende este humilde rincón é bastante atrevida, fai fala abrir a mente ó exterior. Aquí hay un cento de cousas a amosar, só fai falla poñerlles un laciño, pero para iso es imprescindibel ter ilusión, gañas de agradar e interese por coñecer a cultura dos demais. Rasgos pouco identificativos con nos os ferrolans.

Eso sí, Ferrol mola.


Gallaeciancoast.com responsabilízase de logos, fotos e deseños da súa propia páxina webe, creados para este fin con licencia de ningunha clase. Dende eiquí téntase apostar pola creatividade de cada un, sendo contraria á utilización de elementos comúns, plantillas ou gráficos distribuidos por terceiros.

Gustaríame dispor de máis tempo para ampliar contidos e información, de momento isto é o que hai. Acéptase e compréndese calquer tipo de critica á publicación ou realización da mesma. Tentaremola ir mellorando.

Gracias pola comprensión e que teñades un bo día.

 
COLECCIÓN CAMISETAS GALLAECIAN COAST

Se queres participar no sorteo de camisetas con deseños orixinais da casa non tes máis que pedilo, aquí podes ver a bases (por dicir algo) do sorteo e escoller o teu modelo, talla e cor.


 

AS NOSAS PRAIAS DE MAR ABERTO
Entre punta Coitelada e punta Candieira atópase nosa costa, aínda que tamen disfrutamos da beleza e a calma das nosas praias de interior aquí falamos das que están mais expostas ó vento e ondaxe.
 
 

VERSIÓN ORIXINAL AXENDA CONTACTO AVISO ILEGAL
© Copileft 2003-2020 Web Gallaecian Coast Costa Galega Ferrolterra Con licencia de ningunha clase. Logos, fotos, deseño e edición orixinais
Agardando recuperar axiña a normalidade entre mentras sempre teremos á música